Un ecosistema TIC dinámico e vangardista
A Coruña e a súa área metropolitana destacan pola fortaleza do sector empresarial TIC, xa que concentra unhas 700 empresas (o 27 % do total de Galicia) e xera máis de 7200 empregos (o 40 % do emprego do sector).
A Cidade das TIC conta co apoio explícito de todas as Administracións co obxectivo de contribuír á especialización de Galicia en tecnoloxías emerxentes. Desenvolveranse tecidos empresariais conectados e máis competitivos, impulsaranse as TIC e a dixitalización de Galicia e crearase un centro en intelixencia artificial de referencia a nivel nacional e internacional.