Servizos do CSA
Accede a servizos avanzados desde as nosas instalacións
Axudas do IGAPE ao investimento en infraestruturas locais
A sociedade do CSA é beneficiaria dunha axuda do programa do IGAPE “Centros de Fabricación Avanzada”, cuxo resultado é fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e promover o crecemento e consolidación das pemes
Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Conseguir un tecido empresarial máis competitivo
Unha maneira de facer Europa
Como o seu propio nome indica, o CSA é un Centro de servizos, orientado a facilitar a adopción de tecnoloxía en todos os sectores económicos de Galicia, especialmente o industrial. Os servizos están habitualmene ligados aos “Laboratorios”, entendendo os mesmos coma unha unidade funcional, non necesariamente unha unidade física, cun fío común, que dan servizos especializados.
Todos os servizos están abertos a todas as entidades de todos os sectores económicos, previa reserva.
¿Que tipo de servizos se ofrecen nas instalacións?
-
Pago por uso
Tarifa para o uso de los distintos equipos que existen na instalación e/ou el apoio do persoal técnico relacionado con estos dispositivos.
-
Demostración de produto
Os equipos utiízanse en modo demo, é dicir, baixo unha contona previamente predefinida; o usuario utilizará os medios á súa disposición para demostrar as posibilidades do equipamento e o produto final a clientes potenciais, institucións, etc.
-
Prototipados e toma de requisitos
Servizo de análise das necesidades do cliente ou consumidor final para poder ofrecerlle un produto final adaptado ás súas necesidades e características, segundo sector, nivel de dixitalización, procesos internos, etc
As tarifas que se indican a continuación son orientativas e poden sofrir cambios por motivos operativos.
Indícanse tarifas sen descontos, bonificacións ou tarifas especiais.
Servizo de testeo, desenvolvemento e demostración
- Testeo de interfaces multimedia en equipos especializados coma televisores, tablets, smartphones, asistentes dixitais…
- Uso para desenvolvemento, testeo ou demostración de equipo especializado en Realidade Virtual e Aumentada
¿Cales son as tarifas?
A tarificación realízase por tempo de uso dos equipos e necesidades de espazo de traballo. As tarifas, condicións de servizo e outra información de interese pode consultarse no documento de catálogo de servizos.
Pode realizarse a reserva de equipamento e espazo a través do seguinte formulario.
Servizo de procesado multimedia
Uso de máquinas específicas para o procesado multimedia no Centro de Procesamento de Datos (CPD) da instalación
¿Cales son as tarifas?
Existen distintos niveis de servizo e máquinas polo que a tarifa base, condicións de servizo e outra información de interese pode consultarse no seguinte documento.
Pode realizarse a reserva de máquinas a través do seguinte formulario (común ao Laboratorio Media e IA)
Taller de Electrónica
Realiza pequenos desenvolvementos electrónicos con aceso a un taller equipado con todo o necesario para crear prototipos: estación de soldadura, xogo de alicates, destornilladores, remachadoras, impresión 3D, etc
Cales son as tarifas?
A tarificación realízase por horas de uso do equipo do taller.
É necesario reserva previa. Tarifas pendentes de publicación.
DemoLab Electricidad
Ten aceso a equipos específicos de media tensión destinados a testear e demostrar as posibilidades das redes intelixentes para a monitorización enerxética.
Cales son as tarifas?
A tarificación realízase por horas de uso do equipo.
É necesario reserva previa. Tarifas pendentes de publicación.
Servizos de entrenamento de modelos e motores de inferencia
Aceso a servidores especializados, situados no CPD da instalación, para o entrenamento de modelos e o despregue en contornas de desenvolvemento de motores de inferencias.
Cales son as tarifas?
Existen distintos niveis de servizo e máquinas polo que a tarifa base, condicións de servizo e outra información de interese pode consultarse no seguinte documento.
Pode realizarse a reserva de máquinas a través do seguinte formulario (común ao Laboratorio Media e IA)
Formación, capacitación oo demostración IA
O Laboratorio de IA é, ademais, un espazo físico no que se poden facer formacións, xuntanzas ou demostración de produto con conexión directa aos servidores do edificio. O Lab inclue monitor de 85″ e sistema de videoconferencia.
Cales son las tarifas?
A tarificación realízase por días
200€/día + IVE
É necesario reserva previa
Demostración e Showroom
Pago por uso dos equipos de demostración e difusión (medios audiovisuais) existentes no edificio mediante a creación de corners ou espazos delimitados de xeito temporal
Cales son as tarifas?
A tarificación realízase por horas de ocupación do equipo de demostración
É necesario reserva previa. Tarifas específicas segundo servizo necesario.
Eventos e Formacións
Aluguer de espazos acondicionados para a celebración de eventos (xuntanzas multitudinarias, congresos, exposicións) incluindo mobiliario e equipo audiovisual
Cales son as tarifas?
Habitualmente, tarificación por días e por espazo específico
Espazo Atrio, uso completo: 1.000€/día + IVE
Sala de formación: 300€/día + IVE
Laboratorio de IA (uso para eventos e formacións): 200€/día + IVE
Outros espazos: consultar precio e dispoñibilidade
É necesario reserva previa
Aluguer de espazo empresarial
Aluguer de espazo permanente ou temporal para o desenvolvemento empresarial. Aluguer condicionado a un proceso de solicitude con valoración do aliñamento da empresa coa misión do CSA.
Cales son as tarifas?
- Oficinas: 11,5€/m2/mes
- Postos co-working: 60€/posto/mes
Salas de xuntanzas
Aluguer de espazos de xuntanzas equipados con monitor e sistema de videoconferencia.
Cales son as tarifas?
- Sala de xuntanzas ata 5 persoas: 5€/h + IVE
- Salas de Xuntas ata 16 persoas: 10€/h + IVE
É necesario reserva previa